Achados restos de sangue dun dinosauro de fai 75 millóns de anos

  • Investigadores en Reino Unido descobren en varios fósiles posibles glóbulos vermellos moi parecidos aos de aves actuais.

Un equipo de investigadores en Reino Unido di achar restos de células sanguíneas en fósiles de dinosauros que morreron fai 75 millóns de anos. Os expertos tamén creen que os restos conteñen colágeno, a proteína máis abundante nos ósos.

O estudo supón unha novidade debido a que os fósiles non estaban precisamente en bo estado de conservación, tras pasar máis dun século almacenados no Museo de Historia Natural de Londres. Até o momento só conseguiuse rescatar material orgánico de fósiles tan ben preservados na roca circundante e extraídos nunha asepsia tal que mesmo se conservaban restos de pel e proteínas. Eses estudos inauguraron unha intensa polémica na comunidade científica debido a que moitos pensaban imposible que nada orgánico sobreviva a deterioración de 80 millóns de anos.

Pero cada vez son máis as probas de que os fósiles conservan vestixios de tecidos brandos cos que abrir unha nova xanela ao pasado remoto da evolución. ¿Poderase conseguir??

2025: viaxe sen retorno a Marte

O planeta vermello é agora o paso máis lóxico no camiño de expansión humana no sistema solar e máis aló.

Mars One, o proxecto creado por unha fundación holandesa que prepara unha misión sen retorno a Marte para establecer en 2025 unha colonia permanente no planeta vermello, existen críticas que consideran pouco ético que esta viaxe sexa só de ida.

Mars One é un proxecto xestionado pola fundación holandesa que pretende enviar no 2018 unha primeira expedición e a partir do 2025 iniciar unha colonia humana permanente e autosuficiente no planeta vermello.

A primeira tripulación con catro voluntarios que non regresarán á Terra, xa que o proxecto non contempla tecnoloxía de regreso, partirá cara ao planeta vermello en 2024. Viaxarán durante todo un ano até o cuarto planeta do sistema solar máis próximo ao sol e que os científicos sinalan como o máis parecido á Terra, aínda que a súa delgada atmosfera é de dióxido de carbono.

Está previsto que desde o 2025 e cada dous anos viaxen a Marte outro seis grupos de catro tripulantes cada un. Entre eses futuros tripulantes poderían figurar españois xa que hai dous na lista dos 100 candidatos.

O Everest perderá entre o 70% e o 99% dos seus glaciares neste século

O quecemento global provocará maiores nevadas no Himalaya que non compensarán o desxeo provocado polo aumento da temperatura, segundo un estudo. E a Antartida tamén se derrite.

A cordilleira do Himalaya alberga as maiores reservas de xeo do planeta. E como o Ártico e a Antártida, está a quedarse sen glaciares polo cambio climático. Un estudo sobre o impacto do aumento das temperaturas e a alteración do monzón mostra que os xeos que baixan das montañas máis altas do mundo desaparecerán entre un 70 % e un 99% para cando acabe este século.

Ata unha terzo da auga doce do planeta está no Himalaya. Dos seus glaciares (máis de 50.000) beben ríos como o Ganges, Indo, Bramaputra, Yamuna ou o Yangtsé. E da súa auga viven máis de mil millóns de persoas. Por iso é vital determinar como está a afectar o quecemento global a esta zona do mundo.

A continuacion deixo un video acerca do desxeo no Himalaya:

A NASA prepárase para buscar un océano en Europa, lúa de Xúpiter

Unha nova misión de exploración do satélite considerado unha das mellores opcións para albergar vida fóra da Terra.

Europa(unha das lúas de Xúpiter) é un dos corpos do Sistema Solar favoritos de científicos para buscar vida extraterrestre. É un satélite aproximadamente do tamaño da Lúa terrestre e parece que pode ter un océano baixo a súa cortiza xeada de grosor descoñecido. A NASA fai plans para exploralo de preto, e puxo en marcha o desenvolvemento dunha misión para estudalos que podería partir na próxima década.

O proxecto consta con: cámaras para captar imaxes de alta resolución da superficie de Europa e espectrómetros para determinar a súa composición, un radar capaz de penetrar na capa xeada da superficie e determinar o seu grosor, ademais de buscar lagos subglaciales como os que hai na Antártida.

A NASA creé que o océano de Europa podería conter o dobre de auga que o terrestre, con auga salgada abundante, un fondo rochoso, pero teremos que esperar ainda uns cantos anos mais para averigualo.

Os dous montañeiros alaveses afectados o terremoto chegan a España

Os dous montañeiros vitorianos, Patxi Pena e Aitor González, afectados o terremoto en Nepal, aterraron onte no aeroporto de Barallas, onde se atoparon coa súa familia. Os dous atopábanse realizando un trekking cando ocorreu hai unha semana o  terremoto que causou miles de vítimas. Tras tardar varios días porfín onte conseguiron chegar a España.

Ao aterrar en Barallas, declararon á televisión que conseguiron saír do país nepalí polos seus propios medios. Narraron a destrución que deixaron atrás:

Descuberta uhna nova especie de “ave do terror”

Estos páxaros sin ás, xigantes e carnívoros, foron os depredadores dominantes en Sudamérica no Cenozoico. O fósil, descuberto en Argentina, está perfectamente conservado. A nova especie, que se describe no último número do Journal of Vertebrate Paleontology , é a ave do terror máis completa xamais descuberto, con máis do 90% do esqueleto exquisitamente preservado.

Foto O novo espécime tamén revela detalles da anatomía que  preservar no rexistro fósil, incluíndo a rexión auditiva do cranio, laringe, traquea completa, ósos para enfocar os ollos e o padal completo, o que permite unha comprensión sen precedentes das capacidades sensoriais destas aves rapaces extintos.

Para mais información consultar nesta páxina

Unha inmunoterapia frea o VIH en ensaios en humanos

Parte da eficacia infectiva do VIH é que ataca ao sistema inmunitario. Pero esta situación pode empezar a reverterse con ensaios como o que onte publicou Nature. Neste pequeno traballo conseguiuse, por primeira vez, unha redución do número de virus circulante tras aplicar un tratamento, un anticorpo monoclonal, que reforza a resposta inmunitaria da persoa infectada.

Un linfocito invadido por tres VIH

Os anticorpos monoclonales estúdanse, sobre todo, para o tratamento do cancro. Basicamente son moléculas que se unen ás células, bacterias ou virus que hai que eliminar e fanas máis visibles ao sistema inmune.Esto xa se tentou anteriormente, pero os produtos deseñados non conseguían unha resposta suficientemente forte  ou duradeira. E iso cando non causaban efectos adversos.

Achan un posible ‘elo perdido’ dos buracos negros supermasivos

Un novo estudo liderado por a científica española Mar Mezcua, quen liderou o estudo desde o Centro para a Astrofísica Harvard-Smithsonian descubreu un dos poucos buracos negros de masa intermedia que se coñecen até o momento. Este achado pode axudar a resolver cuestións acerca dos mecanismos que permitiron a formación de buracos negros do noso universo.Foto

Un buraco negro é unha rexión do espazo en cuxo interior hai unha concentración de masa o suficientemente grande para xerar unha atracción gravitatoria tan forte que ningunha partícula, incluíndo a luz, pode escapar dela.

Os astrónomos levan moito tempo buscando pistas que permitan comprender como se forman e crecen os buracos negros, pois  sabese que existen desde que o universo era moi novo. A posibilidade de que os buracos negros de masa intermedia actuasen como como sementes que permitiron o crecemento acelerado dos buracos negros supermasivos era unha das posibilidades.

Sus descubridores han publicado el hallazgo en la revista Monthly Notices of the Royal Astronomical Society.

Transformadas células cancerosas en inocentes glóbulos brancos

O avance conseguiuse case por casualidade. Os científicos illaran no laboratorio células cancerosas dun paciente cun tipo de leucemia agresiva que provoca unha multiplicación de glóbulos brancos inútiles na medula ósea do interior dos osos e na sangue.

Os investigadores lanzaban ás células cancerosas todo tipo de nutrientes para tentar mantelas con vida e poder estudalas. Ata que un dos seus mozos investigadores, Scott McClellan, decatouse de que as células daniñas estabanse  convertertendo en inofensivos macrófagos.

El investigador Ravi Majeti, estudios contra el cáncer

Unha vez identificada a causa da metamorfose, os científicos observaron que as novas células, a pesar de conservar algunhas características dos seus pais cancerosos, non eran capaces de desencadear a enfermidade en ratos modificados xeneticamente para non ter defensas Para os autores, reprogramar as células tumorales para convertelas en glóbulos brancos “pode representar unha nova estratexia terapéutica”, segundo publican hoxe na revista científica PNAS.

Teoría do simio acuático

Historia
Cando se formulou a hipótese do simio acuático, o punto de vista convencional era que os primeiros homínidos evolucionaron nas sabanas africanas.

Max Westenhofer no ano 1942,sería quen orixinalmente suxeriu a hipótese do simio acuático. Foi dada a coñecer en 1960, polo biólogo mariño Sir Alister Hardy, cando aínda non existía toda a información recompilada actualmente sobre a evolución humana.

Posteriormente, a escritora feminista Elaine Morgan reviviría a hipótese dunha forma considerada actualmente pseudocientífica; ao desenvolver e promocionar a AAH no seu primeiro libro sobre o tema,The Descent of Woman (A Descendencia da Muller), en 1972. Posteriormente escribiría outros libros que seguirían esta temática: The Aquatic Ape (O Simio Acuático) en 1982, The Scars of Evolution (As Cicatrices da Evolución) en 1990, e The Aquatic Ape Hypothesis (A Hipótese do simio acuático)

A hipótese do simio acuático propón os seguintes argumentos principais:

1.Nudez: Dos centos de especies de primates, os humanos somos a única especie na cal o pelo corporal non cobre a case totalidade do corpo. Os únicos ambientes coñecidos que dan lugar a mamíferos así “espidos” son o acuático e o subterráneo.

2.Respiración: Coa excepción dos humanos, os mamíferos terrestres carecen de control consciente e voluntario sobre a respiración. O control dos humanos sobre o seu aparello respiratorio é similar ao dos mamíferos acuáticos que inhalan tanto aire como necesitan para zambullirse, para logo retornar á superficie por máis.

3.Graxa: Os humanos temos dez veces máis graxa corporal que a que é normal para un animal terrestre do noso tamaño. Somos, por moito, os máis obesos dos primates. Mentres que os mamíferos terrestres que hibernan posúen unha capa de graxa estacional, os humanos, como os mamíferos acuáticos, retemos a nosa graxa durante todo o ano.

4.As bágoas e a sudoración excesiva: estes procesos biolóxicos son consideradas como ulterior evidencia en favor da hipótese. Os proponentes da hipótese tamén mencionan a porción de pel entre o dedo pulgar e o índice humanos, a cal parece non ter valor aparente en terra.

5.Partos acuáticos: en moitos hospitais hai bañeiras preparadas para o momento do parto, xa que a auga non entraña problemas para o bebé, e a nai sofre menos dentro da auga. O parto ademais é máis rápido. Non se sabe ben por que pasa isto, pero esta característica humana podería ser unha herdanza dun simio que pasase parte do tempo na auga.

6.Facilidade para a natación: Esta teoría, din os seus defensores, explica a razón de que nos movamos tan facilmente na auga -aínda mesmo nos primeiros meses de vida-, mentres que nosos máis próximos parentes, os chimpancés, fano torpemente, afogándose ao pouco tempo.

Na miña opinión Elaine Morgan é a mellor representante desta teoría, a continuación deixo dous videos no que ela explica mellor a teoría:

Elaine Morgan y el símio acuático